[] Majo no takkyūbin []
420x297 px
Ilustración para o calendario do 2023 do @Sindicomic
co tema "Bruxas".
Nicky é unha das miñas pelis preferidas de Ghibli. A pesar do "simple" da trama, a emotividade e toda a estética deste filme deixoume roto por dentro.
Facer esta ilustración supuxo sumerxirme nos seus detalles, rever escenas en bucle e quedei marabillado polo bo gusto e o reparo que se puxo na arquitectura da cidade.